O cartel da VIII edición do Fancine de Lemos é obra da deseñadora lucense Isabel Vila. Pedímoslle que nos comentara un pouco as ideas detrás do fantástico deseño. Isto foi o que nos contou…

A idea central do cartaz é destacar os dous puntais da identidade do festival: o territorio, que é o val do Lemos, e o propio festival, personificado en Fancinito. Tendo en conta que nesta edición os contidos estarán moi centrados no mundo do videoxogo, e aproveitando que a película TRON cumple 40 anos, quixen representar o territorio coma un circuíto que Fancinito percorrerá durante o festival, enfundado no seu traxe de xogador dixital. Tamén Atari fai 50 anos no 2022, e quixen incluír a icónica silueta de parte do seu logo, fundíndoa coas ameas da torre do castelo de San Vicente.

Isabel Vila é deseñadora gráfica e motion artist. O seu traballo pivota entre o mundo da identidade, o vídeo, a animación e os VFX. Natural de Lugo, formouse en Barcelona, na Escola Llotja coma deseñadora gráfica e na Escola Bau, especializándose en motion graphics e identidade para TV. Desenvolve a súa actividade en Galiza desde hai uns 12 anos.

Comment