• O Fancine de Lemos deu por finalizada onte a súa edición más exitosa con más de 1.500 participantes nas diferentes actividades.

  • A broche do festival foi a proxección da película 'El Exorcista', nos multicines Hollywood de Monforte de Lemos

10 de xullo de 2023 O pasado sábado celebrouse na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos a gala de clausura e a entrega de premios da Fancine de Lemos 2023.

Conducido pola xornalista monfortIna Manola Porto, e coa intervención de Iván Patiño, director do festival e Marina Doutón, concelleira de cultura, entregáronse na gala os premios á Mellor Curtametraxe Galega, Mellor Curtametraxe Española, Mellor Curtametraxe Internacional e Premio do Público.

Os premios foron entregados polos membros do xurado: Marian Salgado, Aida Cordero e Marina Doutón.

Este é o Palmarés do Fancine de Lemos 2023:

- Premio á mellor curtametraxe galega por 'Compañeiros', de Fernando Tato. Unha historia sobre dous mozos compañeiros que se reencontran despois de trinta anos. O que parece unha coincidencia, faise raro ata converterse nunha situación cada vez máis estraña.

- Premio á mellor curtametraxe nacional por 'Els Mal' de David Mataró. Unha película sobre o amor adolescente entre unha nena vampiro e un neno humano que descubrirá que o máis difícil de namorar é coñecer á familia da túa nena, sobre todo se son vampiros.

- Premio á Mellor Curtametraxe Internacional por 'Ovo' de Steve Spasojevic. Esta é a historia do encontro entre un sorprendente robot do espazo exterior e un adorable paxaro.

- Premio do Público por 'Box Fox' de Aurora González Segura/ Ángela Ronco Núñez/ Juan José Romero Cortina. Un raposo intrépido viaxará por un perigoso mundo de fantasía para atopar a unha enigmática nena cuxo rostro aparece nun misterioso arquivo.

- Mención especial para 'Anecoica' de Marcos Callejo. Ana, unha muller pobre e viúva, preséntase como voluntaria nun experimento ilegal para gañar cartos: estará encerrada nunha habitación anecoica, o lugar máis tranquilo do mundo, onde debe permanecer o maior tempo posible se quere ser recompensada.

Comment