Esta semana presentouse a programación completa da IV edición do Fancine de Lemos.

O festival, referente galego do cinema fantástico,  chega este ano á súa novena edición con cinco días de proxeccións de curtametraxes, longametraxes e actividades paralelas arredor da produción e distribución de proxectos cinematográficos e da arte da creación de pezas e obxectos de terror.

Ademáis das vintetres curtametraxes a concurso, proxectaránse seis longametraxes con opcións para todos os públicos:

“O Corpo aberto” (Ángeles Huerta, 2022) e “Unicorn Wars” (Alberto Vázquez, 2022, Premio Goya á mellor película de animación) son “unha teima persoal por incluir producciones gallegas”, destaca Iván Patiño, director do Fancine dende 2014. Ambas proxeccións contarán coa presenza dos seus directores.

“Scobby!” (Tony Cervone, 2022) é a oferta dirixida ao público infantil e xuvenil.

'La endemoniada' (Amando de Ossorio, 1975) reivindica o mellor do Fantaterror español e homenaxea a unha das grandes artistas do xénero en España, Marian Salgado, a quen poderemos ver na outra grande aposta do festival: O pase especial de “El excorcista” (William Friedkin, 1973) con motivo do seu cincuenta aniversario.

A oferta de longametraxes complétase cunha proxección sorpresa que tendrá lugar o venres á noite no Parque dos Condes.

Durante os cinco días de festival, os asistentes ao Fancine de Lemos poderán gozar dun calendario de actividades paralelas.

Un dos fitos importantes desta edición é a Mostra "Obxectos malditos do cine", unha versión diferente, divertida e única das réplicas das pezas máis coñecidas do mundo do terror: Os icónicos e terroríficos obxectos da gran pantalla a man de Marc Pujol, escenógrafo, amante do macabro e creador de Anomalia, un estudo dedicado a facer pezas únicas de terror para o mundo audiovisual. Pódese visitar na Casa da Cultura Lois Pereiro.

O ciclo de charlas e coloquios xera espazos de encontro entre profesionais do sector onde compartir puntos de vista.

Dentro deste ciclo teremos a oportunidade de escoitar a Alberto Díaz, fundador de Yaq Distribución na charla: "A distribución no mundo das curtametraxes e a autoconciencia da obra".

Teremos unha Mesa Redonda conUnicorn Wars: Un coloquio arredor dos procesos e desenvolvemento do cinema de animación. Un repaso ao estado actual deste xénero e as posibilidades e dificultades de levar a cabo os proxectos.

O historiador monfortino Felipe Aira achéganos a historia máis misteriosa e inquietante das terras máxicas de Lemos da man da charla "Veciños da Terra de Lemos acusados de meigas, adiviñas e feiticeiros"

Da man de Marian Salgado, Aida Cordero e Reinaldo Pereira, poderemos gozar dunha sesión vermú moi especial: Vermú-coloquio sobre fanterror español, onde abordaremos o panorama español e repasaremos aos grandes directores de xénero deste país.

O broche final do festival será a proxección da película "O excorcista". A continuación, Marc Castro impartirá unha charla sobre "50 anos de O excorcista", onde falará do aniversario da película e da súa importancia na sétima arte.

No marco das actividades paralelas do Fancine deste ano e co obxectivo de achegar propostas culturais máis aló do estritamente cinematográfico, contaremos tamén coa presentación de varios libros con coloquio cos autoras: 'La hija del periodista' (Marian Salgado) 'Las crónicas de Vanusum I' (Andrea Micc) 'El soplo del viento' (Yaiza Galán)

Por último, cabe destacar na programación do festival o concurso Fantafesti: Curtas Curtas, un concurso de curtametraxes fantásticas ou de terror gravadas co móbil e cunha duración máxima de 20 segundos. Unha aposta do fancine por defender a formación e a creatividade da xente da zona.

Comment