O Fancine de Lemos contará para a súa novena edición con 23 curtametraxes a concurso escollidas entre máis de trescentas obras, trinta delas galegas, que se presentaron á convocatoria do festival.

As curtametraxes serán proxectadas en catro pases diferentes durante o festival e optarán aos premios de Mellor curtametraxe nacional, Mellor curtametraxe internacional, Premio especial do público e Premio Algueira Mellor curtametraxe galega.

O xurado estará composto por tres mulleres con amplia experiencia e coñecemento no mundo do cine: Aída Cordero, Marián Salgado e Marina Doutón.

Aída Cordero é Licenciada en Comunicación Audiovisual e Doutora en Ciencias da Información pola UCM. No 2018 dirixiu a súa primeira curtametraxe profesional, “Movie Time”, que foi seleccionada no Nocturna (Festival Internacional de Cine Fantástico de Madrid) ou no Sombra (Festival de Cine Fantástico europeo de Murcia). Actualmente anda inmersa no programa CIMA Impulsa, desenvolvendo a largometraxe “El claro de las luciérnagas” como productora.

Marian Salgado , actriz e actriz de dobraxe, foi a voz de Linda Blair en "El exorcista" (1973), protagonizou "La endemoniada" (1975), participou en "El extraño amor de los vampiros" (1975) , en “¿Quién puede matar a un niño? (1976)” e interpretou unha enorme cantidade de personaxes en teatro, cine e radio.. É ademáis autora do libro autobiográfico “La hija del periodista” publicado pola editorial Applehead Team Creaciones.

Marina Doutón é Concelleira de Educación, Xuventude e Cultura de Monforte de Lemos ademáis de ser profesora de Educación Secundaria nas áreas de historia, xeografía e educación plástica e visual.

Podes consultar todas as curtametraxes seleccionadas aquí

Comment